Saturday 27 de April de 2024

O VI Torneo de verán de Xadrez de Carral celebrarase o 29 de agosto


Na 5ª edición foron máis de 40 os xogadores inscritos.

Un ano máis, e dentro daprogramación deportiva do verán, o Concello de Carral organizará o próximo sábado 29 de agosto unha nova edición do “Torneo de Xadrez de Verán”. Con esta, xa son 6 as edicións desta competición xadrecística que se consolida xa como un clásico dentro da programación municipal. O obxectivo fundamental que se marca a concellaría de deportes coa realización deste evento deportivo é ofomento do deporte entre toda a poboación, e máis concretamente un deporte minoritario como é o xadrez.

Na 5ª edición deste torneo municipal foron 45 os inscritos, procedentes de diferentes localidades da bisbarras (Carral, ACoruña, Cambre, Arteixo, Ordes, etc.), número que, se agarda sexa superado nesta nova edición.

O torneo, que se disputará na biblioteca municipal, constará de 7 roldas, en partidas de 10 min. por xogador, divididos en 4 categorías (sub-12, sub-16, absoluto e mellor xogador local). Comezará arredor das 16.30 h e finalizará sobre as 20.00 h, momento no que terá lugar a entrega de premios aos finalistas de cada categoría.

Para todos aqueles interesados en participar, poden inscribirse ata o día 28 de agosto dirixíndose á Casa da Cultura de Carral, noteléfono 981 672 580 ou no correo electrónicodeportes@concellocarral.com.